A misa concerto será na igrexa parroquial de Foz o día 26 deste mes, sábado, as oito da tarde. Para este acto a coral conta coa colaboración do Concello de Foz.
O encontro de corais será o 2 de agosto, sábado, ás 19:30 horas na Sala Bahía e actuarán a Coral Polifónica de Barreiros; o Coro Eo Musical, de Vegadeo; a Coral Polifónica Aires de Carral (A Coruña); o Coro L´alba, de Gijón; e a Coral Polifónica de Foz. Nesta actividade colaboran o Concello de Foz, a Deputación Provincial de Lugo e a Fundación Alcoa.