Para o secretario de Organización dos socialistas lucenses –Carlos Ferreiro- trátase “dun feito histórico, do que o Partido sae realmente fortalecido. Agora iníciase unha nova etapa na que o traballo e a unidade deben e teñen que marcar o rumbo desta renovación”. Neste senso, o socialista felicita aos tres candidatos pola “extraordinaria campaña” realizada”; todo un exemplo, sinala, “de democracia interna”. “Onte foi un gran día para a nosa militancia. E agora temos que conseguir facer entre todos un gran consenso para ser a alternativa de esquerda que precisa esta país”, afirma Ferreiro. A este respecto, subliña que a experiencia vivida en Galicia, demostrou que “o proceso de primarias é o sistema axeitado para todos aqueles que, como no seu día fixo o noso líder galego, queren dar un paso ao frente”.
A participación en cifras
Asimesmo, o secretario de Organización tamén ten palabras de agradecemento para todos os militantes que, no día de onte, depositaron o seu voto, así como para os delegados e interventores que conseguiron que a xornada se desenvolvese con normalidade e sen ningún tipo de incidencia.
En total, a esta votación estiveron chamados os 2.311 afiliados que o Partido Socialista ten na provincia. Destes, 1.525 emitiron o seu voto nas 54 mesas instaladas, segundo o escrutinio realizado (o 93,01%) e publicado en http://consultasg2014.psoe.es/Result/ResultHome. Deste xeito, e segundo as mesmas fontes, o resultado por candidatos, foi o seguinte: Pedro Sánchez 1.008 votos (o 66,10%); Madina 391 (o 24,98%); e Pérez Tapias 136 (o 8,92%).