Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fervenza e o Concello presentan o programa da Romaría de Sargadelos que inclúe o concerto da Roda

romeria_sargadelosCervo, 21 de xullo de 2014- A Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos e o Concello de Cervo deron a coñecer este luns o programa e o cartel da Romaría de Sargadelos que se celebra os días 24 e 25 de xullo na honra de Santiago Apóstolo.

Unha presentación que tivo lugar no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, o contorno onde se celebra a romaría, e na que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, a de Xuventude, Yolanda Pedreira, o presidente da asociación, Xosé Fernández, o vicepresidente, Ramiro Chaves, e as vocais Sandra Duarte e Isabel Blas.

En canto aos actos, arrincan o día 24 ás 12 h. co lanzamento de bombas de palenque e a sesión vermú con “Alma Latina” (14 h.). O tradicional xantar de romaría está previsto para as 15 h. A festa continuará ás 22:45 h. co concerto de “Ataque Escampe”, a verbena con “Alma Latina” (00:15 h.) e sesión DJ (3:00 h.).

O día do Apóstolo as bombas de palenque volverán anunciar as festas (12 h.) e ás 13:00 h. arrincará a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión a cargo do Grupo de Gaitas “Airiños do Xunco”. A continuación a sesión vermú co dúo “D-Cine” (14 h.), que tamén será o encargado da verbena (00:15 h.); e despois xantar de romaría (15 h.).

Pola tarde haberá pancetada e chourizada (20:30 h.) e ás 22:45 h. dará comezo o concerto do grupo de música tradicional galega A Roda, con case 40 anos de traxectoria, que irá seguido de queimada de balde a cargo de Nando Blas, queimador maior de Galicia. A festa continúa coa verbena (00:15 h.) e a sesión DJ (3:00 h.). Para a reserva de mesas para o xantar hai que chamar aos teléfonos 620 145 038 ou 651 128 313.

A edil de Cultura destaca que a Romaría de Sargadelos “es una fiesta con una larga tradición, que conserva algunas de las actividades más típicas de la celebración original como la comida de romería, y que tienen un atractivo añadido al celebrarse en un entorno provilegiado como el Conjunto Histórico Artístico”. Pola súa banda a edil de Xuventude destaca “a iniciativa da Asociación Fervenza de Sargadelos, que recuperou a romaría e asumiu a súa organización por sexto ano consecutivo”.

Exit mobile version