Site icon Crónica3.com A Mariña

A laurentina Milagros Orol Mel é a gañadora do concurso de carteis da Festa da Faba 2014

Lourenzá, 29 de xullo de 2014. A laurentina Milagros Orol Mel é a gañadora do concurso de carteis da Festa da Faba 2014. A concelleira de Cultura, Lupez Flórez, sinalou que a seu traballo non se dará a coñecer ata que se presente o evento, tal e como aconteceu o ano pasado.

Flórez Seivane explicou que “o xurado composto por cinco persoas: dous representantes do Concello, que neste caso foron a alcaldesa, Emma Álvarez, e eu mesma coma concelleira de Cultura; dous representantes da Acial, que foron o secretario, Roberto Díaz, e a vicepresidenta, Marta Sánchez; e un fotógrafo local Fabián Reino deliberamos sobre a ducia de traballos presentados nas dependencias do Concello”.

A edil de Cultura indicou que “a gañadora foi Milagros Orol Mel, unha rapaza de Lourenzá. O cartel, ao igual que na edición do ano pasado, non se vai dar a coñecer ata que sexa a presentación oficial da Festa da Faba, xa que queremos mantelo en certo segredo ou sorpresa ata aquela data, pero sI queremos facer coñecedora á persoa gañadora deste concurso”.

Lupe Flórez contou que “entre a ducia de traballos presentados temos unha participación diversa. Unha vez que procedemos á apertura dos sobres cos datos das persoas que participaron vimos que temos xente de aquí de Lourenzá, tamén usuarios do centro de día, que entre todos elaboraron un cartel, así coma varios usuarios da asociación de axuda ao enfermo mental da Mariña, situada en Burela”.

Exit mobile version