Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña prepara o III Torneo Imdecum de fútbol sala base

Fundación IMDECUM -en colaboración co Concello de Burela, Concello de Foz, Concello de Cervo, Concello de Xove e a Deputación de Lugo na súa área de Deportes- organiza o III Torneo IMDECUM de fútbol sala base 2014 “Memorial Rodrigo Maseda Lozano” que se desenvolverá entre o 4 e o 6 de xullo na Mariña.

Serán os pavillóns de Vista Alegre (Burela), Monte Castelo (Burela), A Veiga (San Cibrao), Marzán (Foz) e Municipal de Xove os que acollan o torneo que comeza o venres 4 de xullo ás 16.00 horas. Así, a primeira fase estenderase tamén durante toda a xornada do sábado 5 que tamén acollerá o “Partido das Estrelas” ás 21.00 horas en Vista Alegre coa participación de adestradores, delegados, representantes dos equipos, membros da organización e o colectivo arbitral.

A fase final (semifinais e final) desenvolverase nos pavillóns de Burela o domingo 6 de xullo entre as 09.00 e as 13.00 e entre as 16.00 e as 20.00 horas, respectivamente.

Clínic
O domingo 6 de xullo entre as 14.30 e as 16.30 horas celebrarase un clínic dirixido ó corpo técnico dos equipos participantes e demais interesados que contará cos relatorios de Juan Luis Alonso Doral (Entrenador C.D.Burela F.S.) “Aprendizaxe do posto especifico de pivot en categorías base” e Miguel Andrés Moreno (Técnico da Selección Holandesa de Fútbol Sala) “Aspectos metodolóxicos da defensa de cambios”.

Trofeos
Trofeos para o campión, subcampión, 3º e 4º clasificado.
Trofeo para o mellor xogador da categoría.
Trofeo para o máximo goleador/a da categoría.
Trofeo para o equipo máis deportivo da categoría.
Obsequio de participación por club.
Camiseta do torneo para todos os participantes.

Actividades
Actividades dispoñibles de forma gratuíta e previa reserva para os participantes:
– Visita guiada ó barco museo (Porto de Burela)
– Piscina municipal climatizada (San Cibrao. Lieiro):
• Viernes: 10:00 h. -13:00 h e de 17:00 h. – 20:00 h.
• Sábado: 10:00 h. -13:00 h e de 17:00 h. – 20:00 h.

– Complexo Deportivo A Marosa: pistas de tenis, pádel e campo de fútbol
• Sábado: 10:00h -13:00h. y de 17:00h.-20:00 h.
• Domingo: 10:00 h -13:00 h.

Festa castrexa
Paralelamente ó Torneo, dende o venres 4 ata o domingo 6, celébrase en Burela a “Festa Castrexa” organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela. Como escenarios principais e desde primeiras horas da mañá o porto, as prazas e as rúas do pobo revivirán a época castrexa mediante xogos infantís, xogos entre clans, menús especiais e un mercado tradicional artesán.

Venda camiste oficila do torneo
A venta ó público das camisetas realizaráse no bar do pavillón Vista Alegre de Burela por un prezo de 5 euros.

Exit mobile version