Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de turismo do porto burelés abrirá ó público nos vindeiros días

Burela, 12 de xullo de 2014. Nos vindeiros días abrirá ao público a oficina de turismo ubicada no porto de Burela, segundo ven de anunciar o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor dixo “ata o momento e por cuestións relativas á contratación de persoal non foi posible abrila, aínda que a información turística do noso municipio estase a dar desde as oficinas municipais a aqueles visitantes que a están a demandar”.

González Barcia indicou que “somos conscientes da importancia que ten a apertura da oficina de turismo e estamos a traballar para abrila canto antes. Iso será dentro duns días. Despois estará operativa ata setembro, dependendo un pouco da climatoloxía e da presenza de visitantes nesta zona”.

Exit mobile version