Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Deportivista de Burela inicia as súas actividades de cara á vindeira tempada

A Peña Deportivista Burela está a traballar de cara á próxima tempada. De feito, e en primeiro lugar, nuns días comezaran a vender a Lotería para o sorteo de Nadal.

Este ano como novidade todos os socios que queiran vendela veranse recompensado cunha diminución de 5€ na súa cota de socio se venden un talonario que consta de 25 papeletas e ata un máximo de 5 talonarios co que lles sairía a cota de socio gratuíta.

En segundo lugar, informan aos seus socios de que a principios do mes de setembro comezarán a ordearlle ao banco o cobro da cota anual de socio que manteñen en 25€. Nese sentido, pregan a todas aquelas persoas que non teñan a conta domiciliada, a domiciliación da mesma; xa que nos sería de gran axuda. De todas formas, non supón ningún problema o pago en man.

Merchandising
A peña conta con merchandising a dispocisión dos socios e simpatizantes: bufandas e camisolas a 6 euros por prenda para os socios e 10 euros por prenda para os non socios. No caso, dos socios e simpatizantes que xa as encargaran, pero aínda non as recibiron, poden poñerse en contacto cos membros da Xunta Directiva porque xa están a facer o reparto.

Exit mobile version