Site icon Crónica3.com A Mariña

A USC presentou este mércores en Ribadeo a súa oferta educativa para o vindeiro curso 2014/2015

230714 Foto universidade (2)Ribadeo, 23 de xullo de 2014.- A Universidade de Santiago contará no vindeiro curso con 48 titulacións, 59 másteres oficiais e 54 programas de doutoramento. Deles, 33 grados e 15 másteres serán impartidos no Campus de Lugo. Así o anunciou o Vicerreitor de Coordinación do campus lucense, Javier Bueno, esta mañá na Casa do Concello ribadense. Bueno afirmou que “actualmente temos na USC uns 600 estudantes chegados da Mariña e 300 do Occidente Asturiano”. Uns datos que dende a Universidade de Santiago esperan que vaian en aumento grazas ao desconto que a Deputación pon en marcha este curso. Segundo avanzou Álvaro Santos, responsable de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo, “este ano vamos a levar a cabo un desconto do 50 por cento na matrícula a todo o alumnado que se matricule por primeira vez en sete grados: enxeñería en procesos químicos e industriais, enxeñería civil, enxeñería en xeomática e topografía, enxeñería agrícola e agroalimentaria, enxeñería forestal, lingua e literaturas españolas e ciencias da cultura”.

A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mari Luz Álvarez Lastra, destacou que “dende o concello colaboramos en diferentes ámbitos coa USC e contamos cunha moi boa coordinación con eles. Incluso, máis directamente co Campus de Lugo polos cursos de verán que facemos ao longo destes últimos anos. Por iso estamos encantados con que contasen con nós para presentar en Ribadeo a súa oferta educativa. É moi importante que dende os concellos demos apoio á universidade difundindo a súa oferta educativa e as súas titulacións.” A edil en funcións engadiu que “queremos valorar a aposta que a Deputación Provincial leva a cabo en distintas áreas, nas que tamén colabora o Concello de Ribadeo. Neste caso nunha moi boa iniciativa que é a aposta por un convenio para gratificar as matrículas no Campus de Lugo, nun momento no que as familias teñen dificultades económicas en nun momento no que puidemos ver que debido a modificación dos criterios para acceder as becas, ás veces é difícil chegar ás notas necesarias para poder acadalas. E tamén os retrasos que se estiveron dando no pago das mesmas ao longo destes dous últimos anos, que foron referencia moitas veces nos medios de comunicación. Entón creo que dende os poderes públicos debemos apostar por a axuda e o apoio para que ninguén que teña capacidade e intención para estudar teña que deixar de facelo. Os que somos titulados grazas a esas becas agradecémolo enormemente”.

Exit mobile version