Site icon Crónica3.com A Mariña

A xornalista viaxeira Esther Eiros reuniuse en Ribadeo cos autores do libro turístico ‘La playa de las Catedrales y sus entornos’

070714 FOTO CON ESTHER EIROSRibadeo, 7 de xullo de 2014. A coñecida xornalista viaxeira Esther Eiros reuniuse o pasado fin de semana en Ribadeo cos autores do libro La playa de las Catedrales y sus entornos: Carmen Cruzado e Beni Mántaras.

Esta publicación, que recolle información e fotografías sobre os principais atractivos turísticos da provincia de Lugo, está prologada pola propia Esther Eiros e sairá á rúa en breve.

Esther Eiros, Carmen Cruzado e Beni Mántaras analizaron os últimos detalles sobre a publicación do libro, que está escrito en galego e castelán e conta coa colaboración de institucións, colectivos e empresas de toda a provincia.

A xornalista lucense afincada en Barcelona realizou desde o Parador de Turismo de Ribadeo o seu programa Xente Viaxeira do pasado sábado, que se emitiu en directo a través de todas as emisoras da cadea radiofónica Onda Cero. Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores expertos en turismo desprazados a Ribadeo (Enrique Domínguez Uceta, Marc Gómez Silvestre, Quique do Olmo e Ramón Villeró) dedicaron case dúas horas a falar dos atractivos da Mariña lucense con varios invitados.

Exit mobile version