Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA sorteará 500 euros en vales de compra durante a primeira edición do ‘Ribadeo Indiano’

Cartel Comercio IndianoRibadeo, 7 de xullo de 2014. Acisa sorteará 500 euros en vales de compra na primeira edición da festa indiana, que terá lugar os días 11 e 12 de xullo en Ribadeo, os próximos venres e sábado.

A directiva de Acisa explica que “la campaña consistirá en que los cerca de 60 establecimientos adheridos deberán entregar a los clientes una copia de los tickets sellados o un resguardo acreditativo del gasto realizado en el comercio los días 10, 11 y 12 de julio. En dicho ticket o resguardo deberá figurar el nombre del cliente y su teléfono de contacto”. Os 60 comercios estarán perfectamente identificados cun cartel como o que se achega, “para facilitarles a sus clientes su localización”.

Para participar no sorteo os clientes do comercio asociado deberán depositar ao longo deses tres días esas copias ou resgardos nas oficinas de Acisa, nos bares Costa Verde e Queimada ou no posto do mercadillo de Acisa e do Concello, que estará situado o día 12, na rúa San Roque.

O sorteo dos 500 euros en vales de compra realizarase ás doce da noite do 12 de xullo, no kiosco da música, no parque de San Francisco. “Dicho sorteo será en directo, pero no presencial, para evitar aglomeraciones innecesarias”, indican desde Acisa que anima á clientela do comercio ribadense a participar nesta campaña.

A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos valora de forma moi positiva a participación de case 60 comercios na primeira edición deste evento.

A festa Ribadeo Indiano está organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa.

Exit mobile version