Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA, entre as pioneiras en estrear un dominio PuntoGal este 25 de xullo

Pioneiros-puntogal22 de xullo de 2014.- A asociación PuntoGal fixo públicos hoxe os primeiros 93 dominios (pioneiros) que estrearán o PuntoGal este 25 de xullo, entre eles ADEGA. A transición ao adega.gal farase paseniñamente para manter plenamente operativos todos os nosos servizos.

ADEGA é a única asociación ecoloxista escollida para participar nesta primeira fase de lanzamento do dominio PuntoGal, chave para a visibilidade da cultura e da realidade de Galiza na internet. Os denominado “programa Pioneiros” tratará de dar visibilidade ao novo dominio galego através das entidades máis sobranceiras e con maior implantación nos diversos eidos da nosa sociedade. Serán o mascarón de proa do dominio galego até que en decembro deste ano, o PuntoGal abra a fase de libre solicitude.

Dende xa comezaremos co proceso de migración do actual adega.info ao novo adega.gal. Dado o volumen de información (3 webs e 4 subpáxinas) e os numerosos servizos de mansaxería e correo asociados, a transición completa demorarase algunhas semanas. A todos os socios e socias así como aos usuarios da nosa web, pregámosvos comprensión para que a transición se realice de xeito satisfactorio e á maior brevidade.

Exit mobile version