Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz presenta o programa do XVI Mercado Medieval deste 2014

Alfoz acolle unha nova edición do Mercado Medieval entre o venres 18 e o sábado 19 de xullo.

DIA 18. VENRES
21:00 h Chega a noite da véspera, e os valecos dan conta de boas viandas ó tempo que agradan ó Mariscal.
22:00 h Chega Pardo de Cela ó Castrodouro. Recíbeo dona Isabel de Castro acompañada do Bispo de Mondoñedo don Fadrique de Guzmán. Encontro co pobo.
23:00 h É hora de danzas, cantares e romances.
24:00 h Vodas medievais polo rito valeco e renovación de votos.
Os músicos de Saíñas de Cervo encherán de música a un Castro ameazado. Din que só unha mestura de lume e cabalos é quen de disuadir unha revolta irmandiña.

DIA 19. SÁBADO
9:00 h VI Ruta de sendeirismo “Polas pegadas do Mariscal”. Un camiño entre pazos, torres e paraxes insólitos.
regos, xentes de ben… dan vida á vila do Castro e ó seu mercado.

11:15 h. Don Pedro Pardo de Cela e familia percorren o Mercado e convidan ós asistentes a escoitar o pregón a cargo de dona María del Pilar Fernández González , tesoureira da “Sociedad del Valle de Oro, instrucción, protección y recreo”, radicada no Centro Galego da Habana.

12:00 h Nomeamento e bendición dos novos Escudeiros do Castro a cargo do Mariscal, don Pedro Pardo de Cela e do Bispo de Mondoñedo, don Fadrique de Guzmán.

12:30 h Teatro de monicreques. Primeira función : Onde está a raíña U?
13:00 h Xogos populares para todas as idades.
13:30 h Asalto ás tabernas. A Fonda do Cabaleiro e Todamira defenderanse do asedio con torrezmos e chourizos.
14:00 h Hora de tregua, xantar campestre e descanso.
15:00 h Dan comezo os músicos de Souto Xímaro a unha tarde de música medieval.
15:30 h Chega Andreso, o mago da ilusión, co seu mundo de troula.
16:30 h. Os arqueiros afinan puntería en exhibicións e probas de Tiro con Arco.
17:00 h Voo de aves rapaces.
17:30 h Demostración de cans adestrados.
18:00 h. Xogos medievais ecuestres.
19:00 h. Teatro de monicreques, segunda función: Anciño, o buscador da felicidade.
19:30 h Arrecende a torrezos e chourizos… é culpa dos taberneiros.
21:00 h. Cea Medieval, composta por mazá, empanada, xamón, chourizo, pan e viño.
23:30 h Proxección do documental “XV Mercado Medieval de Alfoz” na fachada do castelo.
00:00 h Conxuro e queimada popular.
00:30 h. Concerto a cargo do grupo de música tradicional Tumba e dalle.
Un día completo no que aparte das actividades programadas, pódese gozar das aves de cetrería, dos cans adestrados, da animación, demostración de oficios e postos de produtos artesanais. E pensando nos mais pequenos obradoiros de barro, de pan e curso de cestería.

Os tíckets para a cea medieval pódense adquirir anticipadamente na Casa do Concello de Alfoz e o día do mercado na Torre Fortaleza. O prezo é de 12€ por persoa, e da dereito á cea, á queimada e ao correspondente prato e cunca artesanal como recordo do acto.

Este evento non sería levado a cabo sen a xenerosa colaboración de moitas persoas e organizacións ás cales expresamos o noso agradecemento.

Exit mobile version