Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrinca en Ribadeo unha nova edición de ‘Construíndo o verán’ ata o 22 de agosto

140714 Foto construindo o veran (1)Ribadeo, 14 de xullo de 2014. Este martes 15 de xullo arrinca unha nova edición do programa Construíndo o verán, que organiza a Concellaría de Servizos Sociais. Preto dunha treintena de nenos e nenas e de rapaces e rapazas acudirán ás instalacións da escola de idiomas de luns s venres de 11:30 a 13:30 horas para recibir clases de reforzo escolar que serán impartidas por 7 voluntarias, ademáis de coñecer o medio sociocultural de Ribadeo dun xeito lúdico, mediante os obradoiros que realizarán xunto a persoal técnico municipal. Construíndo o verán rematará o vindeiro 22 de agosto cunha actividade sorpresa.

A concelleira Teresa González Piñeiroa explicou na presentación aos medios e ás familias que “non me canso de dar as grazas a estas sete mulleres voluntarias que van traballar con 26 nen@s e moz@s de luns a xoves a 11:30 a 13:30 horas. Os venres témolos dedicados aos obradoiros que impartirá o persoal técnico municipal, como a utilización de forma saudable e responsable das novas tecnoloxías e así evitar certas adicións; a igualdade; o medio ambiente; tentaremos facer un roteiro por Ribadeo recordando a tradición dos indianos; e outros que nos vaian saíndo”.

Construíndo o verán enmárcase dentro dun proxecto de redución do abandono escolar. A edil de Servizos Sociais dixo que “todos os días teremos media hora de lecer con xogos, imos tentar que interactúen entre eles porque estamos a falar dun alumnado moi diverso tanto nas idades (desde infantil ata segundo de Eso) como nas necesidades educativas especiais”.

González Piñeiroa pediu un compromiso ás familias para que os seus fillos e fillas asistan a este programa: “si algún día non poden asistir, queremos que nos avisedes. E que lles fagades ver que unha vez que estean con nós deben acatar as normas do voluntariado, que respecten o seu traballo e que o valoren. As voluntarias tentarán traballar non só a parte académica, senón tamén os valores e a educación emocional”.

Exit mobile version