Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival de Bandas en Ribadeo polo Día da Patria

As bandas de música de Villaviciosa, Viveiro e Ribadeo actuarán no tradicional festival de bandas que se celebrará na vila ribadense este venres, día 25, para conmemorar o Día da Patria Galega. Terá lugar no parque de San Francisco a partir das sete e media da tarde. O festival de bandas de Ribadeo está organizado pola asociación Amadores da Música coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version