Con esta acción preténdese visibilizar o posicionamento da fronte nacionalista e facer reflexionar á poboación sobre esta problemática, que, para Andrea Martíns -militante de Galiza Nova- “non fai máis que impor ás mulleres a súa maternidade e darlle cancha aberta a un ministro retrógrada sobre a toma de decisións tan importantes para as rapazas e que provocarán problemas que, desde logo, el non ten posibilidades de sufrir”. Con esta pretendida reforma, o que se busca é dificultar aínda máis a capacidade de decidir sobre os nosos corpos, xa que agora só se podería abortar en caso de grave risco para o feto ou para a nai e deixa de ser legal facelo en hospitais públicos. Esta situación vese agrabada debido ao contexto económico no que estamos, polo que seguramente moitas rapazas non puideran interrumpir o seu embarazo ao non poder pagar o custe e se verían obrigadas a viaxar a outro país onde si que estivese permitido de maneira legal. “Non podemos caer nos enganos que a xente antiabortista está intentando difundir, nós non estamos en contra dos embarazos, simplemente esiximos algo moi básico que é a interrupción deste se non e desexado nunhas boas condicións e nunhas instalacións hospitalarias públicas”, di a responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida.
As e os nacionalistas explican que seguirán a reivindicar o dereito a decidir das mulleres sobre o seu propio corpo e a participar de toda canda mobilización haxa para botar abaixo esta reforma.