Site icon Crónica3.com A Mariña

Bautismo en moto acuático en Foz

A praia de Tupide acollerá este domingo 3 de agosto unha xornada de bautismo en moto náutica organizada polo Concello de Foz coa colaboración do club Galijet. A actividade comezarás ás cinco da tarde e todas as persoas que o desexen poderá dar un paseo en moto náutica dende o areal de Tupide, que está xunto á praia da Rapadoira. Participarán máis de 30 motos que se desprazarán dende diferentes lugares de Galicia e Asturias. O bautismo en moto náutico é gratuíto e o único requisito é ter máis de 6 anos de idade.

Exit mobile version