Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro vende fume co Plan de Conservación

Besteiro, ademais, dun moi cuestionable xestor ten un grave problema coas matemáticas ata o punto de que vende coma un gran logro o que é un evidente retroceso.

Así o fai, cando desde a Deputación afirma que o plan de conservación de estradas provinciais 2014-2018 é a maior inversión executada nos últimos anos. As contas no cadran. Destina para este programa 18,2 M€, unha media de 4,55 M€; si contrastamos eses datos con anos anteriores (e invita a calquera a que o faga na web da Deputación) observaremos como só no ano 2008 (BOP 22/11) se invertía 10.663.590 euros neste mesmo concepto. Calquera pode comprobar como o descenso en inversión é brutal respecto a 2008, supoñendo unha diferenza superior ao 68% no 2013 e preto do 57% segundo o previsto para o cuadrienio 2014-2018.

Besteiro minte nas cifras, pero tamén nos obxectivos, pois estes apoios non garanten unha rede de estradas ben conservada e de calidade. As denuncias de abandono das estradas provincias interpostas por veciños, alcaldes, concellos e PP, teñen unha base sólida ao verse respaldadas pola análise das inversións feitas nos últimos anos e as previstas para os vindeiros, xa que a merma de financiación é alarmante.

A Deputación non cre nas posibilidades de éxito do programa fantasma de conservación de estradas cos seus medios propios, xa que, apenas tres meses despois do seu anuncio, informa da contratación a empresas privadas destes traballos. Convén que Besteiro se aclare, xa que facer obras por conta propia e a súa vez contratalas con empresas, non é actitude razoable nin transparente.

O maior risco é que este plan naza como un instrumento electoralista. Estaremos atentos para ver cómo se executan estes cartos xa que supón un perigo que dispoñan do diñeiro previsto para catro anos, a tan so dez meses das eleccións. ¡Non vaia a ser que se gasten antes de tempo e as estradas sigan agonizando!

Elena Candia
Voceira do PP na Deputación.

Exit mobile version