Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle este sábado unha xornada sobre seguridade marítima

Ante os últimos accidentes marítimos que están ocorrendo na costa norte con gran perda de vidas humanas, nos que aparentemente puido ter unha importante influencia o factor humano, considérase conveniente realizar unhas charlas de concienciación e sensibilización que se dirixien ó sector pesqueiro.

Con este motivo, consultadas as organizacións representativas do sector pesqueiro e as organizacións sindicais, fixouse unha xornada de Seguridade Marítima para o próximo 5 de xullo, no salón de actos da cofradía de pescadores de Burela, co seguinte programa:

10:00 h – Inauguración a cargo de D.Ramón Carballo Páez, Subdelegado do Goberno en Lugo

10:15 h- “Nos barcos, o exceso de confianza mata”
J. Bernardo Rodríguez González
Coordinador de Seguridade e Inspección Marítima
Capitanía Marítima de Vigo

11:15 h- “A ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO NO SECTOR PESQUEIRO”
Carolina Álvarez Landesa.
Inspectora de Traballo e Seguridade Social en Lugo.
Ministerio de Emprego e Seguridade Social

12:15 h – “Seguridade e saúde nos traballo a bordo dos buques pesqueiros. Actuacións do Issga encamiñadas á redución da sinistralidade: vixilancia e concienciación”
Diego Castro Balboa
Técnico de Seguridade e Saúde Laboral
ISSGA – Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral

13:15 h – “Descanso e Alimentación a bordo. Influencia na saúde do traballador”
Dolores Teijeira Fernández
Médico de Sanidade Marítima
Instituto Social da Mariña (ISM)
Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Moderador: Lino Sexto Bermúdez
Subdirector Xeral de Gardacostas de Galicia
Consellería do Medio Rural e do Mar

14:00 h – Clausura

Exit mobile version