Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta aberta á afección do CD Burela FSF

Quero expresar, mediante este escrito, as oportunas explicacións acerca da miña marcha do CD Burela FSF Pescados Rubén deixando claro que non é, en ningún caso, a miña intención ir en contra dos intereses deste club e nin da súa afección.

O motivo da miña marcha é, que o proxecto deportivo que engloba a corpo técnico e plantilla de cara o vindeiro ano, non se corresponde coa concepción do deporte na que eu creo. Estou convencida de que dito proxecto non é o mais adecuado para que continúe a miña progresión como deportista e como persoa, polo que optei por tomar esta decisión.

Quero agradecer en primeiro lugar á directiva do CD Burela FSF Pescados Rubén toda a súa laboura e o comportamento comigo de todos estes anos, posto que sempre me apoiaron en todo e se portaron moi ben comigo. En segundo lugar agradecer á afección todo o seu apoio durante estes anos, nos que me mostraron e me fixeron chegar todo o seu agarimo do cal estarei eternamente agradecida e que sempre levarei no meu corazón. Tamén quero que quede claro que o motivo da miña marcha é totalmente alleo á directiva e á afección.

Espero que na miña nova andaina poda vivir novas experiencias e mellorar no eido deportivo para así acadar novas metas na miña carreira profesional; posto que sen pertencer ó CD Burela FSF Pescados Rubén sería moi difícil ter gañado títulos, formar parte de diferentes seleccións galegas nin ter sido internacional coa selección nacional, polo cal quero tamén agradecer de novo á institución todo o seu apoio neses momentos.

Sen máis, espero que entendan todo o que acabo de expresar e saiban que nunca olvidarei cando formei parte deste insigne institución, posto que Burela será sempre para min un lugar especial.

Un Saúdo,
A 1 de xullo de 2014.
Lidia Mesías Espiñeira

Exit mobile version