Site icon Crónica3.com A Mariña

CD Lugo e Sporting de Xixón mídense en Ribadeo no LXIII Trofeo Emma Cuervo

O CD Lugo e o Sporting de Xixón disputarán o vindeiro 2 de agosto un encontro amigable de preparación para a temporada 2014-15 na localidade mariñá de Ribadeo.

Lucenses e xixonenses, que competirán na Liga Adelante, porán en xogo na localidade galega que limita con Asturias a LXIII edición do Trofeo Emma Cuervo.

O encontro do vicedecano dos trofeso veraniegos disputarase o sábado 2 de agosto ás 19.30 horas no campo municipal Pepe Barrera.

Entradas
Bar Queimada, Bar Ribeira e Cervecería San Roque venden entradas de xeito anticipado para o LXIII Trofeo Emma Cuervo por un prezo de 15 euros para adultos e 5 para nenos e nenas ata 13 anos.

Exit mobile version