Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza unha nova tempada nas escolas de fútbol base da A.F.D. Porto de Burela

O pasado mes de xuño celebrouse Xunta Xeral de socios da que saiu unha nova directiva composta por once membros, dos cales, sete entran a formar parte dela por primeira vez.

O día 1 de xullo abriuse o prazo de inscrición que rematará o 31 do mesmo mes, data a partir da cal se irá chamando a cada categoría para que proben o talle das equipacións para a nova tempada.

Neste novo curso, un dos retos máis importantes que nos plantexamos é a implantación dunha estructura orientada á formación dos rapaces e rapazas que pertecen a esta asociación, dita estructura estará formada polos adestradores de cada categoría, un adestrador de porteiros, un preparador físico e un director deportivo que levará a coordianción, xestión e organización de todas as categorías dunha forma global. Fixaranse obxectivos e programaranse adestramentos específicos e adecuados a cada categoría e idade, levando un seguimento contínuo da evolución dos xogadores. Todo isto sin olvidarnos, de seguir fomentando valores como o sacrificio, afán de superación, compañerismo e respeto.

Outro dos retos que nos propoñemos é seguir promovendo a construcción dos vestiarios do campo anexo á Marosa para que se fagan coa maior celeridade posible. A Diputación xa deu as autorizacións pertinentes e o Concello nos confirmou que en breve comenzarían as obras.

A organización da Copa Deputación, de torneos, campus de verán serán outros puntos a abordar para esta nova e ilusionante tempada.

Exit mobile version