Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou a instalación dos expositores de Produart na nave de redes de Burela

Burela, 29 de xullo de 2014. Hoxe comezou na nave de redes a instalación dos postos dos 70 expositores que se darán cita desde o venres ata o domingo na décimo segunda edición de Produart. A inauguración da feira será o 1 de agosto ás 19 horas, segundo anunciou este martes o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor contou que “hoxe deu comezo o proceso de montaxe dos stands da duodécima edición de Produart. Os traballos de instalación prolongarase ata o mesmo día da inauguración da feira”. Produart abrirá as súas portas o vindeiro venres, 1 de agosto, pola tarde e o acto de inauguración terá lugar a partir das 19 horas.

Segundo a Fundación Expomar, organizadora do evento, “para os artesáns e produtores ecolóxicos a celebración desta feira é sen dúbida unha excelente ocasión para reafirmar a venda dos seus produtos, nunha plataforma comercial que posibilita reunir nun curto espazo de tempo á oferta e á demanda. Produart convértese nunha estupenda oportunidade, xa que o sábado, 2 de agosto, coincide coa a XXX Feira do Bonito, declarada de interese turístico galego e que atrae en cada edición a máis de 10.000 persoas nun entorno de turismo e lecer”.

González Barcia dixo que “son practicamente 70 os expositores que haberá nesta edición do Produart”.

Exit mobile version