Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do grupo provincial popular sobre a moción presentada na Deputación sobre o conflito de Gaza

. O Grupo Provincial do Partido Popular quere deixar clara a súa condena a inxustificada perda de vidas humanas que se está producindo no conflito de Gaza e a maiores reclama que se poña fin a calquera acto de violencia e insta aos organismos internacionais competentes a que busquen unha solución de fondo para que estas agresións non se repitan no futuro

· O Grupo Provincial do Partido Popular matiza non quixo entrar en debate político na sesión plenaria deste martes e intentou que a Deputación de Lugo aprobase unha declaración institucional en relación ao conflito de Gaza.

· O Grupo Provincial do Partido Popular consideraba que este era o proceder máis correcto e xusto e non entrar en debate ante unha situación que está a provocar a inxustificada perda de vidas humanas.

· A maiores, O Grupo Provincial do Partido Popular xustifica a aprobación dunha declaración institucional no lugar dun debate ao ter en conta que se trata dunha situación sobre a que a Deputación de Lugo non ten competencias

Exit mobile version