Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto do V Curso Interdisciplinar de Música, o xoves na Casa da Cultura de Burela

Imagen 015Coma en anteriores ocasións e dentro da celebración do Curso Interdisciplinar de Música, celebrouse na tarde do mércores, 2 de Xullo, o concerto de cámara a cargo dos alumnos das diferentes especialidades, con obras de Romberg e Mozart entre outros autores.

Para o peche de dito curso, o xoves ás 20:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, celebrarase un concerto no que levarán o peso as agrupacións de coro e orquestra que interpretarán repertorio pertencente a diversas óperas, tanto de xeito independente coma conxuntamente.

E, na segunda parte deste concerto representarase (en versión concerto) a obra “A Viaxe de Brandán”, que foi estreada o pasado verán en Burela con motivo da Festa Castrexa. Esta obra é unha composición baseada no libreto do lucense Xoán Rompe, con lírica de Xulia Nogueira e música de Xan Carballal.

Exit mobile version