Durante os últimos tres anos, traballáronse no centro tecnicas educativas innovadoras, por un lado, a aprendizaxe cooperativa fomentando o traballo conxunto dos alumnos-ás como medio de favorecer unha maior integración e unha mellora no rendemento escolar;Por outro, a aprendizaxe servizo, desenvolvendo un proxecto de recuperación da tradición oral da zona. Con este tipo de aprendizaxe os alumnos-ás reverten o aprendido na aula na comunidade onde conviven.
O próximo curso 14/15, tanto o centro, coma a Facultade de Ciencias da educación, seguirán colaborando en novas propostas de innovación educativa.
A foto corresponde a unha xornada celebrada no centro Geriatros de recuperación de tradicións do entroido en Viveiro, Galicia e diversos países latinoamericanos de onde son orixinarios algúns dos nosos alumnos.