Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia de Nuevo Cal este venres en Foz

Este venres 1 de agosto, ás 20.30 horas, o Cenima e Foz acollerá a conferencia e posterior debate sobre ‘A pesca na Mariña’ a cargo do historiador e cronista oficial da Cidade de Viveiro, Carlos Nuevo Cal. Trátase dun “complemento obrigado da exposición “DIAS DE MAR” organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro para analizar e recordar os antecedentes históricos da actividade pesqueira na provincia de Mondoñedo, para sinalar que somos un pobo galego e mariñán, a pesar da industria ou a chegada de xentes de terra adentro. Tamén pretende reflexionar sobre o impacto da crise do modelo económico e as alternativas que debería ofrecer o mundo desa inmensa despensa que é o mar onde se conxugan natureza, pesquerías, alimentos e tradición.

Exit mobile version