Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez clasifícase para o mundial en tres modalidades

rodriguez-mixtoCristóbal Rodríguez regresa do Europeo de pentatlón moderno con boas sensacións de cara ao Mundial en Varsovia (Polonia). O pentatleta internacional viveirense triple medallista continental, xunto co seu compañeiro Aleix Heredia, logrou unha praza para a cita mundialista en relevos masculino tras finalizar nunha magnifica 9ª posición.

Rodríguez terá tambien unha praza na competición de Polonia xunto a Marta García-Miguel na categoría de relevos mixto. A moza catalá, aínda en idade junior e o pentatleta de Viveiro formaron un binomio que aínda que en momentos o tiveron moi difícil, conseguiron meterse tamén no Mundial co relevos mixto.

No campionato individual, Cristóbal fixo unha boa competición en xeral salvo na proba combinada onde lle pasaron factura os días que estivo cun virus na cama atendido pola doutora do Equipo Nacional de Hungría. Aínda así, unha boa esgrima e unha gran actuación na natación individual permitíronlle a obter tambén o billete no campionato individual para o Mundial que se celebrará en Polonia no mes de setembro.
Mentres, o mariñán descansa uns días na súa terra natal.

Exit mobile version