Site icon Crónica3.com A Mariña

Delio Val ficha polo equipo de atletismo do Praias de Barreiros C.D.

Delio pasa por ser un dos atletas máis representativos do concello de Barreiros e ahora correrá defendendo as cores do club local.

Comezou a correr no ano 2009 buscando un deporte sen contacto tras unha grave lesión que lle provocou a rotura de cinco costelas e duas vértebras.

A carreira da Faba ou a de Foz do ano 2012 son algúns dos primeiros triunfos de Delio. Nese mesmo ano rematou segundo no circuito Corre con Nós de Lugo e terceiro na carreira de Tapia de Casariego.

No ano 2013 repetiu o segundo posto na Corre con Nós (categoría veterano) e tamén foi segundo na San Silvestre de Ribadeo e na carreira de Burela. Ademáis debutou na Carreira das Praias de Barreiros conseguindo o terceiro posto.

No 2014 proclamouse campión na carreira de Xermade. Cando competía co seu anterior clube, o Monte Segade de Lugo.

Delio debutou co equipo de Atletismo do Praias de Barreiros na última carreira de relevos Ría do Masma o pasado 13 de xullo. Ahora, o seu obxetivo máis próximo pasa por completar a media marathon en 1 hora e 13 minutos.

O directivo Alfonso Fernández foi o encargado de presentar a Delio como novo componente do equipo de atletismo do Praias de Barreiros.

Exit mobile version