Site icon Crónica3.com A Mariña

Diana Durán participará na XI Convivencia Familiar Monte Castelo que organiza a Asociación Camiña

Burela, 10 de xullo de 2014. A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, participará este sábado,12 de xullo, na XI Convivencia Familiar Monte Castelo, que organiza a asociación Camiña e que este ano terá lugar no Hotel Nordés ás 14:30 h.

Camiña, constituída no ano 1992, ten por obxecto a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias da Mariña Lucense. O seu presidente, Silvino Oroza Cordido, invita á cidadanía a confraternizar e a aportar fondos para financiar as actividades de Camiña.

A edil popular explica que “sen dúbida é unha boa oportunidade para demostrar a solidariedade, para coñecer este colectivo con necesidades específicas e sensibilizarnos con todas estas persoas que presentan capacidades distintas. É unha xornada onde se contribúe a reforzar os vínculos entre todas as persoas participantes”.

Exit mobile version