Site icon Crónica3.com A Mariña

Días de Mar no Cenima de Foz

dias-marO Seminario Estudos Terras de Viveiro e o Concello de Foz organizan o foro “Días de Mar” que se desenvolverán no Cenima de Foz dende o mércores 30 de xullo ata o sábado 27 de setembro. O programa recolle os relatorios: A PESCA NA MARIÑA, por Carlos Nuevo Cal, Cronista oficial de Viveiro, o mércores 30 de xullo ás 20.30 horas; PROBLEMÁTICA ACTUAL DA PESCA, por José Pino González, Capitán de Pesca, o sábado 9 de agosto ás 12.00 horas; BITÁCORA DE NAVEGANTE, por Andrés Díaz Ferro, Práctico de Porto e Capitán da Mariña Mercante, o sábado 30 de agosto ás 12.00 horas; UN MAR DE CULTURA, por Vicente Míguez Salgueiro, mestre e escritor, o sábado 13 de setembro ás 12.00 horas; e CONSTRUCCIÓN DUNHA COMUNIDADE MARIÑEIRA, por José Manuel Montero Llerandi, profesor de Antropoloxía da Universidade Nacional de Educación a Distancia, o sábado 27 de setembro ás 12.00 horas.

Exit mobile version