No libro “Miscelánea focense” contamos a vida singular do persoeiro: “ A guerrilla de Madrid recibira golpes moi duros e acorda abandonar a capital (1943). Un camarada, conductor dun taxi de gran turismo, ofrécese a trasladalo á casa dunha familia coñecida súa, en Foz, establecéndose en Mañente, onde desenvolve, en riguroso anonimato, un importante labor docente e socio-cultural que lle val o respecto, o aprecio e a gratitude da veciñanza.Pero o 19-1-56 a nova conmove a bisbarra: “Bernardo Gonzalo Gil”, nome suposto, era detido en medio de espectacular despegue da Garda Civil; e o home que se gañara as simpatías e o recoñecemento das xentes, trocouse en personaxe enigmático, arredor do que se tecían as mais opostas versións. Condenado a pena de morte é conmutada por 30 anos.Voltou a Foz; a derradeira vez en agosto de 1993; compartimos, baixo teito amigo, mesa e manteis e longa conversa. Ó seguinte día, despedímonos: “Aquí tuve durante 8 años – nos dixo, emocionado – mi paraíso”. Adolfo Lucas Reguilón, era o nome real. “La Guerra de Severo” presentado en La Haya, tras facelo en outros lugares do centro da península, escenario da súa faceta política e guerrilleira, e en Foz, con testigos da súa estadía, que interveñen no mesmo, Grazas á Pomba do Arco ollarémolo na Casa da Cultura Poeta Manuel María. Non o perdas, lector amigo.
Suso Fernández.