Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha o programa ‘Móvete no verán’ en Xove

Dentro das moitas actividades programadas polo noso Concello para este verán, a Concellería de Deporte pon en marcha o programa “MÓVETE NO VERÁN”, destinado a tódalas idades, dende os máis pequenos ós maiores.

Estas actividades van ser impartídas pola monitora Estívaliz Dayán na Sala Multideportiva municipal, todas dentro de horario de mañá. Fítnes, xogos infantís, aeróbic e actividade física para maiores constitúen as apostas da Concellería ás cales poden acollerse os nosos veciños/as. As actividades teñen unha dobre vertente, por unha banda lúdica, co fin de que todos se divirtan, e por outra, axudar ao seu mantemento físico.

O programa comeza este martes. As actividades, horarios, lugar de celebración e número de inscritos son os seguintes:

FITNESS:
HORARIO :Luns e mércores:10:30-11:30 h.
LUGAR : Sala multideportiva.
Nº DE INSCRITOS: 20

ACTIVIDADE FISICA PARA MAIORES:
HORARIO :Luns :11:30 a 12:30 e xoves:11-12 h.
LUGAR : Sala multideportiva.
Nº DE INSCRITOS: 12

XOGOS INFANTIS :
6º de infantil a 4º de primaria
HORARIO : Martes: 10:30-11:30
LUGAR : Sala multideportiva.
Nº DE INSCRITOS: 12

4º e 5º de infantil
HORARIO : Martes: 11:30-12:30
LUGAR : Sala multideportiva.
Nº DE INSCRITOS: 16

AEROBIC (5º DE PRIMARIA A 4º DE ESO):
HORARIO : Venres : 11:30-12:15
LUGAR : Sala multideportiva.
Nº DE INSCRITOS: 6

Exit mobile version