Site icon Crónica3.com A Mariña

Entre o 25 e o 27 de xullo, II Torneo de Pádel Concello de Cervo

torneo_padelCervo, 16 de xullo de 2014- O Concello de Cervo deu este mércores a coñecer o cartel e o programa do II Torneo de Pádel, unha competición que terá lugar entre os días 25 e 27 de xullo na pista do polígono de Cuíña. Esta actividade está organizada pola administración cervense a iniciativa dun grupo de afeccionados a esta disciplina que participaron na presentación xunto ao alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, Luis Guillén.

O torneo está aberto á participación de parellas ata un límite de 24. Para iso hai que inscribirse chamando ao 655 91 02 32 ata o 19 de xullo. O sorteo dos enfrontamentos será o día 21, nun acto público ao que poderán acudir os participantes no torneo. Desa maneira quedará fixado o calendario dos partidos. O último día da competición coincidirá tamén coa entrega de premios e trofeos. Polo momento xa son máis de 15 as parellas inscritas, polo que aínda quedan prazas libres para participar.

Un torneo co que o Concello quere “seguir promocionando o pádel como unha opción deportiva, dándolle visibilidade e incentivando a súa practica” asegura o edil de Deportes. Da mesma maneira Guillén tamén destaca as posibilidades deste torneo “que fai posible que decenas de persoas practiquen o pádel dende o punto de vista máis competitivo, e que enriquece o xogo ao permitir aos participantes compartir o deporte con outras persoas”.

Exit mobile version