Site icon Crónica3.com A Mariña

Escenificacións, demostración de oficios, artesanía e moito máis no Mercado Medieval de Mondoñedo entre o 8 e o 10 de agosto

pres-mercadomedieval-mondoñedoMondoñedo, 30 de xullo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou este mércores na presentación da XXIII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, unha cita que organiza o Concello de Mondoñedo en colaboración coa institución provincial, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de agosto na cidade histórica. Na presentación tamén estiveron o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, o concelleiro de Cultura, Xusto Fernández, así como varios compoñentes da asociación “Amig@s do mercado de Mondoñedo”, que tamén colabora na organización.

Durante a súa intervención, Antonio Veiga fixo referencia a que “xa son dúas as décadas recuperando a historia, recuperando parte da nosa memoria, nun escenario que non podía ser mellor que a cidade de Mondoñedo para recrear o que foi o noso pasado”.

“Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, como todos os anos, colaboramos co Concello de Mondoñedo, para levar a cabo unha cita que se ten convertido nun auténtico escaparate que permite aos artesáns amosarnos o seu traballo, e no que aqueles que se acheguen ata Mondoñedo a segunda fin de semana de agosto, xente da comarca e turistas, poderán non só coñecer, senón tamén adquirir os nosos produtos tradicionais e agrícolas”, precisou o vicepresidente da Deputación.

Diversas escenificacións, personaxes caracterizados animando as rúas, demostración e venda de produtos artesáns de forxa, canteira, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro, e venda de produtos típicos da terra; exhibicións de cetrería, xogos populares, degustacións gastronómicas gratuítas, exposicións de aves rapaces, pasarrúas e actuacións musicais encherán de festa e historia a cidade de Mondoñedo ao longo de tres días.

Tanto o vicepresidente da Deputación como o alcalde de Mondoñedo animaron tanto a mariñás e mariñáns como a foráneos a disfrutar dunha fin de semana de recreación histórica na que as rúas máis céntricas de Mondoñedo se converterán nun auténtico escenario do medievo.

Programa:

Exit mobile version