Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Otero Regal no Cenima de Foz

Foz, 30 de xullo de 2014. O Cenima de Foz acollerá unha exposición do ceramista Otero Regal que será inaugurada este sábado, día 2, ás 20 horas e poderá visitarse ata o 31 de agosto. Alfonso Otero Regal, que naceu no municipio de Foz pero reside en Viveiro, mostra nesta ocasión a exposición titulada Domus, in qua spiritus habitat (La casa en donde habitan los espíritus), que está integrada por esculturas e cadros cerámicos. No acto inaugural da mostra a presentación correrá a cargo de Lorenzo González, que é doutor en Belas Artes, pintor e profesor da Universidad de Salamanca.

Exit mobile version