Site icon Crónica3.com A Mariña

Feijóo anuncia a aprobación neste mes do proxecto de ampliación do Hospital da Costa

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na súa comparecencia na Cámara galega que a Xunta aprobará do proxecto de ampliación do Hospital da Mariña lucense neste mes xullo, logo de darlle luz verde recentemente, tamén neste mes, á licitación da ampliación e reforma do Hospital do Salnés.

“Reformamos, ampliamos e construímos hospitais en Galicia. Defendemos a sanidade pública”, remarcou o mandatario autonómico, quen se referiu, tamén, a que actualmente se está a executar a obra de ampliación e construción do Complexo Hospitalario de Ourense, por un importe de máis de 40 millóns de euros, ao tempo que se remata o hospital público de Vigo.

O presidente da Xunta defendeu que isto é posible grazas á solvencia das contas públicas de Galicia, unha comunidade autónoma –dixo- “que non necesita do compromiso estatal para chegar a fin de mes, non necesita do fondo de rescate”.

Exit mobile version