Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de jazz e blues en Ribadeo

O III Festival Jazz & Blues de Ribadeo continúa esta fin de semana con jazz, cinema, concertos e unha exposición fotográfica de Esther Cidoncha que se poderá visitar na sala de exposicións entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 17.00 e as 20.00 horas ambos días.

Sábado
20.30 horas: Conferencia de Juan Claudio Cifuentes, Cifu: “Los ingredientes del jazz”. Cine Teatro

Juan Claudio Cifuentes presenta en Radio 3 ‘Jazz porque sí’, programa decano da radio musical en España. Ademais, conduce ‘A todo jazz’ en Radio CLásica. En 2010 recibiu o Premio Ondas pola súa extraordinaria labor de divulgación do jazz.

23.00 horas: Cine coa proxección de Let’s Get Lost (Estados Unidos, 1988). 120 min. Cine Teatro.

Dirixido por Bruce Weber, este documental repasa a vida do trompetista e vocalista Chet Baker, cuxo falecemento sobreviu durante a grabación da cinta.

Domingo
23.00 horas: concerto gratuíto de Maldataskull Trio no Cantón dos Moreno.

En menos de dous anos xa participaron no Festival Heineken Jazzaldia de San Sebastián e no Festival Internacional de Jazz de Bueño. O grupo gañou a última edición do concurso de maquetas jazz fusión.

Exit mobile version