Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia ensinoulle a un grupo de nen@s a importancia das bandeiras azuis para as praias de Burela

SAM_0016Burela, 22 de xullo de 2014.- Un grupo de nen@s coñeceron esta mañá a importancia das bandeira azuis para os areais de Burela da man das monitoras de Gaia.

@s rapaces fixeron debuxos co símbolo da bandeira azul e despois realizaron un distintivo en cartolina. Segundo sinalan as monitoras de Gaia “a continuación actuaron coma informadores bandeira azul ataviados cunha camiseta co icono da bandeira azul pintada por eles, informaron aos usuarios da praia sobre os requisitos que debe cumprir todo areal bandeira azul e entregáronlles unha serie de recomendacións nas áreas acuáticas. @s nen@s aproveitaron para preguntarlles que era o que mais e o que menos lles gustaba da praia e entre as respostas recollidas destacaron que os usuarios elixen a praia do Portelo por proximidade e pola limpeza que presenta”.

As monitoras de Gaia explicáronlles que “a bandeira azul é un galardón á calidade ambiental desenrolado pola FEE (Fundación para a Educación Ambiental de Europa). Concédese a aquelas comunidades e concellos que realizan un esforzo especial para manter unhas praias limpas, seguras e xestionadas con respecto ao medio ambiente. Para que un areal teña esta distinción debe cumprir polo menos os requisitos seguintes: presenza de vixiantes, duchas, acceso para minusválidos, papeleiras e aseos”.

Exit mobile version