Site icon Crónica3.com A Mariña

Iago Barro e Diego Quintela apúntanse ó Campus Burela FS 2014

O porteiro Iago Barro do Uruguay Tenerife, equipo recentemente ascendido a Primeira División, e Diego Quintela do Santiago Futsal apúntanse ao Campus 2014. O meta viveirense da escuadra tiñerfeña e o á pivot santiagués, internacional con España, completan o profesorado do Campus 2014 que tamén contará con Santi Valladares, técnico do Santiago Futsal, Antonio Bores, preparador físico da selección española e con xogadores/as e técnicos do club burelés.

O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén celébrase durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comezou o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do Fútbol Sala.

Exit mobile version