Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración de ‘Domus, in qua spiritus habitat’ en Regal Xunqueira

Otero Regal inaugura este xoves 3 de xullo ás 20.00 horas a exposición “Domus, in qua spiritus habitat” en Regal Xunqueira. A obra composta por esculturas e cadros cerámicos elaborados en gres refractario que representan espazos arquitectónicos extraídos da memoria, lugares e tempos alleos a estes. Todas xiran en torno á casa como elemento espacial no que se xera a vida. A casa provoca imaxes de carácter abstracto no recordo e que xogan no plano da emoción. Lorenzo González, doutor en Bellas Artes, pintor e profesor da Facultade de Bellas Artes de Salamanca participará na inauguración desta mostra que permanecerá exposta ata o 31 de xullo. Ó final do acto haberá unha degustación de productor galegos. Despois da súa estancia no “Souto da Escultura” continuará o seu percorrido por Barcelona, Rivas, Soria, Lugo… Anteriormente xa estivo exporta na galería Annia de Salamanca e no Feedin Art de Madrid.

Exit mobile version