Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicio das primeiras xornadas de fútbol base organizadas pola UD Xove Lago

pres-cmapus-xoveEste sábado 5 de xullo tivo lugar a presentación a presentación e inicio das primeiras xornadas de fútbol base organizadas pola U.D. Xove Lago e que estarán dirixidas por Kiko Rey.

Esta actividade constitue unha aposta pola entidade pola promoción do fútbol base, e pode considerarse un punto de partida para a creación de categorías inferiores por parte do Xove Lago.

Sendo a primeira edición, esta xa pode considerarse un éxito, xa que máis de 50 nenos se anotaron ás xornadas, que se prolongarán durante os meses de xullo e agosto.

O Alcalde, Demetrio Salgueiro agradeceu á directiva do clube a súa implicación neste proxecto, xa que ademáis de supoñer o fomento dun hábito de vida saudable para os nenos, tamén garante un futuro esperanzador para o Xove Lago, un dos clubes de referencia na provincia de Lugo, xa que permitirá dispor dunha “canteira da casa”.

Asistiron á presentación, ademáis do Alcalde, a Concelleira de Deportes de Xove, Cristina Iglesias Guerreiro, o presidente do clube, Alberto Santos, e os membros da directiva do Xove Lago, ademáis do adestrador do primeiro equipo, Suso Martínez, e pais e familiares dos nenos participantes.

Exit mobile version