Site icon Crónica3.com A Mariña

Limpeza do Monte Castelo

limpeza-monte-casteloDesde o equipo de goberno burelés fan unha valoración positiva do discorrer da Romaría do Monte Castelo, que se celebrou a pasada ponte festiva en Burela: “estamos satisfeitos de cómo discorreu a Romaría do Monte Castelo, agás tres ou catro cuestións menores non houbo que lamentar danos no monte, nin desperfectos”. E engaden que “a labor de limpeza foi exquisita ao longo de toda a romaría. A empresa encargada destas tarefas estivo permanentemente ao pé do canón e a día de hoxe toda a recollida do lixo está practicamente terminada. Quedan por repasar as zonas de acampada, por si quedan restos da festa, algo que se fará ao longo desta semana”.

Exit mobile version