O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe para asistir á gravación do programa da Televisión de Galicia A Casa da Conexa, o espazo de Mucha e Nucha, tamén coñecidas como as Cantareiras de Ardebullo. Será o 30 de xullo, mércores. O prazo de inscrición xa está aberto e remata o vindeiro mércores, día 23. Os interesados deben dirixirse á Casa do Concello ou chamar ao teléfono 982.12.10.06 e preguntar por Pepe.