Site icon Crónica3.com A Mariña

Luís Fernández visita o Campus Máis que Fútbol

OLYMPUS DIGITAL CAMERAEste luns o xogador burelao do Depor, Luís Fernández, visitou a Marosa para pasar co alumnado e os monitores do Campus Máis que Fútbol arredor de 3 horas nas que xogou, foi sometido a preguntas e mantivo sesión de fotos e sinatura de autógrafos. Tamén levou prendas que usou nos seus partidos co Depor, entre eles o pantalón do seu debut co 1º equipo branquiazul, que foi sorteado entre os espectantes e intrigados participantes. Así mesmo, nesta sesión tamén estiveron coma monitores o “Crack do Campón” e xogador de elite de futsal César Revilla e o “Mestre” Antonio Mogo, que tivo a todos os monitores coma discípulos durante a súa longa etapa de ensinante.

Exit mobile version