Site icon Crónica3.com A Mariña

Margarita Pérez Herraiz incorpórase mañá ao Pleno do Congreso; etapa que afronta “con ilusión e dende a responsabilidade”

LUGO, 7 DE XULLO DE 2014.- A socialista Margarita Pérez Herraiz incorporarase este martes ao Pleno do Congreso dos Deputados, ocupando así o escano que ata o de agora ocupaba José Blanco na Cámara Baixa das Cortes Xerais , e que quedou vacante ao resultar elexido este deputado no Parlamento Europeo o pasado 25 de maio.

A sesión plenaria do Congreso será o a primeira participación da socialista como deputada neste órgano constitucional; unha etapa que, asegura, “afronta con moita ilusión e dende a responsabilidade”. “Con satisfacción e respeto asumo o novo cargo, e comprométome a seguir traballando por unha sociedade máis xusta e con igualdade de oportunidades, tal e como fixen sempre e dende os distintos cargos políticos que desempeñei ao longo da miña traxectoria política”, afirma.

Neste senso, a socialista agradece o apoio recibido dos lucenses e dos compañeiros de Partido tanto a nivel autonómico, estatal, provincial e local durante os últimos anos. “Comezo unha nova etapa, na que agardo volcarme con e por Galicia”, tal e como fixo o seu predecesor José Blanco. A este respecto, indica que “traballarei sin prisa, pero sen pausa. E fareino cun único fin: o de retornar a un proceso de igualdade. O cambio político en España e en Galicia só pode vir do Partido Socialista, e niso basarei o meu traballo como deputada”, subraia.

Traxectoria
Margarita Pérez Herraiz é diplomada en Graduado Social pola Universidade de A Coruña e conta cunha ampla traxectoria política. Proba delo é que esta non é a primeira ocasión na que forma parte do Congreso, pois durante o período 2008-2011 xa ocupou un dos escanos do Partido Socialista na Cámara Baixa.

Así mesmo, ao longo dos últimos anos, desempeñou máis cargos de responsabilidade. Dende 2001 ata 2008 foi deputada no Parlamento galego, onde formou parte das Comisións de Sanidade, Economía e da de control da CRTVG. Durante este período tamén foi voceira parlamentaria do Grupo do PSdeG en materia de emprego e membro dad executivas local e nacional do PSdeG.

Exit mobile version