Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Mércores de natureza’ de Ribadeo a Rinlo

Dentro dos mércores de natureza que organiza durante o verán o Concello de O Vicedo, este mércores 23 de xullo desprazaranse no tren que parte do Vicedo ás 9.44 horas ata a localidade de Ribadeo para percorrer parte da súa costa, concretamente entre o centro de Ribadeo e a fermosa localidade de Rinlo para alí regresar en tren novamente ata O Vicedo. Percorreremos a costa por lugares tan fermosos como o porto de Ribadeo, faro de Illa Pancha, Cargadoiro, Rinlo, etc. A ruta ten unha lonxitude aproximada de 9 km. Recoméndase levar algo para comer e beber.. Anotacións na Casa da Cultura do Vicedo no 982 59 01 95. A actividade ten un prezo de 9€ que é o billete de ida e volta en tren.

Exit mobile version