Site icon Crónica3.com A Mariña

Miro Casabella será homenaxeado este sábado en Ferreira do Valadouro

Ferreira do Valadouro acollerá este sábado 5 de xullo varios actos de homenaxe ao músico Miro Casabella. A Comisión, da que fan parte asociacións da comarca e persoas a título individual, ademais de organizar concertos como o de Ribadeo, o 25 de abril, e o da vila de Viveiro, o pasado 7 de xuño, programou varias actividades para este primeiro sábado de xullo.

Concellos como o de Ribadeo e Viveiro, a Concelllaría de Cultura de Ferreira do Valadouro e a Vicepresidencia 1ª e a Área de Cultura da Deputación de Lugo apoian e patrocinan esta homenaxe. Tanto a concelleira de Cultura do Concello de Ferreira do Valadouro, María Xosé Fernández como o Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro participaron na presentación do programa de actos.

PROGRAMA DE ACTOS
sábado 5 de xullo de 2014

13:00 horas, Praza de Ferreira do Valadouro:
Acto de colocación dunha placa na casa natal de Miro Casabella.
Actuación do Grupo da Asociación Amado Lar e intervencións protocolarias.

14:30 horas, Parque de Ferreira do Valadouro:
Xantar popular baixo un toldo
Para poder participar neste xantar temos á disposición das perosoas interesadas unha tarxeta (20 euros).

Agasallaráse a todas as persoas que participen co libro-CD “Miro Casabella e a nova canción galega”.

Á hora do café intervirán: Vicente Araguas, Lois Diéguez , Manuel Lourenzo, Arturo Mogo e David Otero.

19:00 horas, Praza de Ferreira do Valadouro:
Concerto “Por ceibar a voz”

Intervirán:
-A QUENLLA
-ARCADIO
-BIEITO ROMERO
-DAVID BELLAS
-GARCÍA/LEO
-PILOCHA
-QUINTAS CANELLA
-TINO BAZ
-XICO DE CARIÑO E Mª XOSÉ LÓPEZ
-MIRO CASABELLA
O concerto, de entrada libre, será presentado por MIGUEL VILA e MARINA OURAL.

AMADO LAR ( A.C.) (Ferreira do Valadouro), AVENTADOS ( A.C.) ( San Cibrao), BURIL ( C.C.) (Burela), CASA HAMLET ( A Coruña), FRANCISCO LANZA ( A.C.) (Ribadeo), IRMANDADE SAN CAETANO ( Celeiro de Mariñaos), LIGA CÉLTICA GALAICA (O Valadouro), MARIÑAPATRIMONIO, OLLOMAO ( C.C.) (Barreiros), O MUNDO DE GALEA ( O Valadouro ), OS CASTROS ( A.C.) (Cangas), PENSAMENTO E SEMENTEIRA (C.C.) (Viveiro).

Exit mobile version