Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle as sétimas Xornadas do Peregrino – Abrindo Camiño entre o 4 e o 6 de xullo

Os días 4, 5 e 6 de xullo celebrarase en Mondoñedo a VII edición das Xornadas do Peregrino-Abrindo Camiño.

O venres a partir das 20 h. na Casa da Xuventude de Mondoñedo a xornada estará dedicada o Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” haberá concertos de música, un encontro literario e poético, o estreo do audiovisual “Polos Camiños de Leiras” realizado polo director de cine Matías Nicieza e coa colaboración na narración da ilustre escritora Marina Mayoral e outros membros do GLLP, etc.

A xornada do sábado estará centrada en analizar e promocionar a “Variante Marítima do Camiño Norte de Santiago”. Pola mañá a partir das 10 h. no Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo haberá unha “reunión aberta” a que asistirán membros da Agrupación de Amigos do Camiño de Santiago e donde as 12 h. se leerá un Manifesto en defensa do trazado actual do Camiño Norte, ante a polémica suscitada polos cambios propostos pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia, co motivo da delimitación oficial esixida para a proposta de Patrimonio Mundial. Mais tarde están programadas charlas e audiovisuais, sobre aspectos singulares do Camiño Norte e sobre a efeméride do VIII centenario da peregrinación de Francisco de Asís e rematar con un concerto da Coral Mestre Pacheco.

Polo serán recorrerase en autocar a ”Variante Marítima” con visitas guiadas a Basílica-Catedral e o xardín botánico e obradoiro do artista “Caxigueiro” en san Martiño, o espazo “Eido Dourado” en Barreiros e a praia das Catedrais o pobo pintoresco de Rinlo e o casco vello de Ribadeo.

O domingo a xornada estará dedicada o recorrido guiado do roteiro turistico-literario “Leiras Pulpeiro” con saída as 11 h. desde o Centro Cultural de Alcántara e visitas os lugares relacionados coa vida e obra do ilustre médico e poeta; casas natal e vitais, campa donde está soterrado, o Castro e a fonte de augas medicinal da Recadieira e remate na Area recreativa de “A Fervenza” donde haberá un xantar campestre, xogos acuáticos na piscina fluvial e o Torneo da Chave. A xornada rematará as 20 h. no auditorio Pascual Veiga coa posta en escena da obra “Os amores do mariñán” polo grupo de teatro O Bordelo de Cervo.

Os obxetivos destas xornadas son:
– a promoción da Variante Maritima do Camiño Norte e a reivindicación da súa sinalización e recoñecemento oficial, recuperando a Memoria histórica do paso de peregrinos pola basílica catedral mais antiga de España.

– e a posta en valor do Roteiro turistico literario “Leiras Pulpeiro” mediante a colocación de paneis e sinais solicitados a Deputación de Lugo, a declaración de “utilidade pública” da fonte medicinal, recuperar como elemento etnográfico as antigas fábricas do 1893 “ electricista mindoniense” e o estudo e rehabilitación do Castro da Recadieira.

Nestas xornadas acolleremos a ponentes da Agrupación do Camiño Norte do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia, o delegado en Santiago de Compostela da empresa “Nexia”, propietaria da Area de A Fervenza e o inxeñeiro de minas da Consellería de Industria de Pontevedra, un dos mellores especialistas en fontes mediciñais para tratar de establecer acordos co Concello de Mondoñedo en relación a estes obxetivos.

Exit mobile version