Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra de debuxos de Renata Otero en RegalXunqueira

O venres 1 de agosto ás 20.00 horas Renata Otero presenta en primicia a súa mostra de debuxos TV Portraits ou Como me ghusta polos títulos en inghlés para quedar de moderna … Nesta ocasión Renata Otero presentará arredor de 300 novos retratos de pequeno formato e pintados con tempera sólida sobre papel nuns casos e esgrafiados sobre cerámica noutros. A inmensa maioría destes rostros foron captados en apenas segundos mentres a autora vía a TV. A improvisación, o xogo e importantes doses de humanidade son algúns dos atractivos que esta colección encerra para ti. Todas as pezas son inéditas e o público terá un tempo e un lugar propio para interactuar co traballo: establecendo conexións, comentando… A mostra permanecerá aberta ata o 31 de agosto e poderá verse gratis de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas tódolos dias no Centro Regal-Xunqueira.

Exit mobile version