Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra plástica de Luis Pachón no Casino de Viveiro

luis-pachonLuís Pachón naceu en Allariz (Ourense) en 1947. En Madrid estuda Debuxo e Pintura, ademais de realizar estudos de Música. Ao regresar á súa vila natal crea a Escola Municipal de Pintura e Cerámica. É membro da Asociación Galega de Artesáns e da Asociación de Pintores Galegos. Dende 1966 realizou infinidade de exposicións en diferentes lugares de España. A música está viva e presente na súa pintura e na súa escultura e é o tema da Mostra que poderemos gozar no noso Casino de Viveiro Club Náutico: “Música, obra recente”, a partir do venres 25 de xullo ás 20.30 horas -que será inaugurada- e ata o xoves 7 de agosto.

Exit mobile version